Ir ao contido

Betanzos e a comarca

BetanzosHoxe

Castellano
Inscricións hoxe 2 Últimos días para inscribirse en Postos na Feira do Mercado Social: ata o 25 de novembro

Entrevistas BHtv

Núñez-Varela: «Encantaríame non morrer sen ver a Casa Gótica en pé»

Entrevista a José Raimundo Núñez-Varela, cronista oficial de Betanzos, para BetanzosHoxe. Esta vez diante da cámara e coa súa voz: a infancia, as Danzas Gremiais, os papeis que foi rescatando e o patrimonio que aínda espera.

· · 2 min

Compartir esta noticia

José Raimundo Núñez-Varela, con gorra e abrigo azul, fala sentado diante de dous gravados na Fundación CIEC
Foto: Álvaro García Torres

José Raimundo Núñez-Varela recibe a BetanzosHoxe na Fundación CIEC, da que é patrón, sentado entre gravados, coa gorra posta e o bastón a carón da cadeira. Fala amodo, e cando a conversa chega ao patrimonio da cidade deixa unha frase que resume moitos anos de loita: «Encantaríame non morrer sen ver a Casa Gótica en pé de novo».

Non é a primeira vez que o cronista oficial responde a este xornal. En setembro fíxoo por escrito, nunha entrevista que repasaba a súa traxectoria. Agora a conversa é en vídeo, ao seu ritmo e coas súas palabras, e trae lembranzas e opinións que non saíran daquela.

Entrevista a José Raimundo Núñez-Varela, cronista oficial de Betanzos
Entrevista a José Raimundo Núñez-Varela, cronista oficial de Betanzos Entrevista en vídeo, de 32 minutos, a José Raimundo Núñez-Varela, cronista oficial de Betanzos, gravada na Fundación CIEC. Fala da súa infancia, das Danzas Gremiais e o Gamachiño, do arquivo histórico, dos documentos que foi atopando, da intelixencia artificial e do patrimonio que segue pendente na cidade. Con subtítulos en galego. Álvaro García Torres

De que se fala

Núñez-Varela volve á casa dos avós en Sánchez Bregua, onde naceu, e ao Betanzos dos rapaces que armaban a fogueira de San Xoán. Conta como volveron as Danzas Gremiais cando non había cartos nin para as zapatillas, e por que o Gamachiño non era o que moitos cren.

Núñez-Varela xesticula coa man mentres explica, sentado xunto a unha parede con gravados
Foto: Álvaro García Torres

Lembra tamén o día en que tapou con plásticos o arquivo histórico, explica onde foi atopando moitos dos documentos que publica e fala de Jesús Núñez e da Fundación CIEC. Hai sitio para a intelixencia artificial, que non lle quita o sono, e para o futuro do oficio de cronista.

Núñez-Varela de perfil diante dunha vidreira de cristais amarelos e azuis
Foto: Álvaro García Torres

Vela enteira

A conversa remata co que segue pendente na cidade e cunha pregunta: que lle gustaría que se dixese del dentro de cincuenta anos. A resposta, como toda a entrevista, está no vídeo.

Compartir esta noticia

Segue lendo

Comentarios

Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.

Deixa o teu comentario

Non se publica. Só serve para confirmar que o comentario é teu.

Antes de publicarse: confirmas o correo cunha ligazón que che mandamos (mira tamén no spam), e despois lerao unha persoa da redacción.