Ir ao contido

Betanzos e a comarca

BetanzosHoxe

Castellano
Inscricións hoxe 4 Mañá remata a inscrición para a matrícula da Escola Municipal de Folclore

Cookies

Última actualización:

Ata que digas que si, non se instala ningunha cookie no teu navegador. Ningunha. Podes ler o xornal enteiro sen aceptar nada.

Por que hai un aviso

BetanzosHoxe abriu o 12 de agosto de 2026 sen analítica ningunha: non había nada que consentir, e poñer un cartel sería un trámite molesto que non protexe a ninguén. Desde o 22 de agosto de 2026 usamos dúas ferramentas de medición, e esas si necesitan o teu permiso antes de cargarse. Por iso hai aviso: porque agora hai algo que preguntar.

Como funciona o aviso

  • Non se carga nada antes de que premas. Nin unha petición a Google, nin unha a Microsoft. Podes comprobalo na pestana de rede do teu navegador.
  • Aceptar e rexeitar custan o mesmo: dous botóns do mesmo tamaño, no mesmo sitio, sen ningún marcado de antemán e sen ter que entrar en ningún menú de «configurar».
  • Se rexeitas, non se che pon ningunha cookie. Nin sequera para lembrar que dixeches que non: iso gárdase no almacenamento local do teu navegador (bh_consentimento), que non viaxa a ningún servidor. É o único que gardamos no teu navegador se non tes conta nin te subscribes.
  • Podes cambiar de opinión cando queiras, nas dúas direccións, coa ligazón «Cambiar a miña decisión sobre a analítica» que hai no pé de todas as páxinas.

A cookie técnica, que non depende de ti

Hai unha única cookie propia, bh_sesion, e só aparece en dous sitios: no panel de redacción (/admin/), para manter a sesión de quen traballa no medio, e nas páxinas do boletín —ao enviar o formulario, ao confirmar e na páxina de preferencias—, para poder amosarche o resultado. Se non tes conta e non te subscribes, nunca a verás.

É unha cookie técnica e estritamente necesaria, das que o artigo 22.2 da Lei 34/2002 exime de pedir consentimento. Non serve para identificarte nin para seguirte, e bórrase ao pechar o navegador.

As cookies que só entran se aceptas

Son de terceiros: pono o servizo, non nós.

_ga e _ga_<id> · Google Analytics
Distinguen un visitante doutro e unha sesión doutra para poder contar visitas sen sumar dez veces a mesma persoa. Duran 2 anos.
_clck e _clsk · Microsoft Clarity
Identifican o navegador e a sesión para poder unir a gravación. Duran 1 ano e 1 día respectivamente. Clarity pode poñer ademais outras no seu propio dominio (CLID, MUID e similares) que Microsoft usa para sincronizar entre os seus servizos.

Que fai cada ferramenta, canto tempo garda os datos e que pasa cando saen da Unión Europea está contado na política de privacidade. Clarity grava a sesión —o rato, os clics e o desprazamento—, e iso merece que o leas antes de aceptar.

Os botóns de compartir e as redes

Os botóns para compartir unha noticia e as ligazóns aos nosos perfís en redes son ligazóns simples: non poñen cookies nin cargan nada mentres estás aquí. Se premes nun deles vas á rede social, e alí xa rexen as súas cookies.

Se aceptaches e queres desfacelo

Primeiro, preme na ligazón do pé e escolle «non, grazas»: a partir dese momento non se carga nada máis. As cookies que xa estivesen postas non as podemos borrar nós desde aquí —son doutro dominio—, pero calquera navegador permite eliminalas desde a súa configuración, na sección de privacidade ou de datos dos sitios. Borrar todo o deste sitio non ten máis efecto que volver á pregunta inicial.