Ir ao contido

Betanzos e a comarca

BetanzosHoxe

Castellano
Inscricións hoxe 4 Mañá remata a inscrición para a matrícula da Escola Municipal de Folclore

Aviso legal

Última actualización:

Quen responde deste sitio

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, faise constar:

Titular
Álvaro García Torres
NIF
74919114H
Domicilio
Rúa Bernardo Miño 7, 15300 Betanzos (A Coruña)
Correo electrónico
redaccion@betanzoshoxe.es
Contacto
betanzoshoxe.es/contacto/
Nome do medio
BetanzosHoxe
Sitio web
https://betanzoshoxe.es/

Que é BetanzosHoxe

BetanzosHoxe é un medio dixital de información local sobre Betanzos e a súa comarca. Non depende de ningunha administración, partido nin grupo de comunicación.

Publica contido propio —entrevistas, reportaxes e informacións elaboradas pola redacción— e información procedente de fontes oficiais e públicas, parte dela preparada con axuda de sistemas automáticos e de intelixencia artificial. Nada se publica sen que o aprobe unha persoa, agás as páxinas de servizo con datos públicos e as traducións automáticas de pezas xa aprobadas. Explicámolo en Nós.

Propiedade intelectual

Os textos, o deseño, o logotipo e as fotografías propias deste sitio pertencen ao titular. Podes citar e ligar libremente indicando a fonte e ligando á páxina orixinal; reproducir pezas enteiras ou fotografías precisa autorización.

As fotografías cedidas e as imaxes de entidades públicas ou doutras fontes pertencen aos seus autores ou titulares, e cada unha leva o seu crédito. As ilustracións xeradas con intelixencia artificial identifícanse sempre como tales.

Os datos de organismos públicos —MeteoGalicia, o Concello de Betanzos, o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña e outros— empréganse coa súa atribución e seguen pertencendo aos seus titulares. Cada peza indica de onde saíu.

Comentarios

Quen comenta é responsable do que escribe. Os comentarios lense antes de publicalos e non publicamos os que insulten, difamen, vulneren dereitos doutras persoas ou non teñan que ver coa peza. Podemos retirar un comentario xa publicado se despois se ve que incumpre isto.

Redes sociais

BetanzosHoxe publica as súas noticias tamén en Facebook, Instagram, Threads e X. O uso desas redes réxese polas condicións e a política de privacidade de cada unha.

Ligazóns a outros sitios

Cando ligamos a outra web é para que poidas comprobar a fonte. Non controlamos o que hai nesas páxinas nin respondemos do seu contido.

Erros e correccións

Se atopas un erro, escríbenos a redaccion@betanzoshoxe.es ou pola páxina de contacto. As correccións fanse constar na propia peza: unha corrección silenciosa non é unha corrección.

Dereito de rectificación

Unha corrección faise porque nos decatamos de que algo estaba mal. A rectificación é outra cousa: é un dereito que tes ti, e non depende de que nos pareza ben.

A Lei Orgánica 2/1984, do 26 de marzo, recoñécelle a calquera persoa —física ou xurídica— o dereito a rectificar a información sobre feitos que a aludan, que considere inexactos e cuxa difusión lle poida causar prexuízo. Non fai falta demostrar que o feito é falso nin que houbo mala fe: abonda con que te alude e que o consideres inexacto.

Prazo
Os sete días naturais seguintes ao da publicación.
Como
Por escrito, dirixido á dirección de BetanzosHoxe, por calquera medio que deixe constancia do envío e da recepción: por correo electrónico a redaccion@betanzoshoxe.es ou por correo postal ao domicilio de máis arriba. Di que peza é —coa ligazón, se podes— e que feitos rectificas.
Que pode conter
Só os feitos da información que rectificas, e cunha extensión semellante á deles. Non é un espazo de opinión nin unha réplica ao xornal.
Que facemos nós
Publicámola íntegra e de balde dentro dos tres días seguintes ao de recibila, coa mesma relevancia que tivo a información rectificada e sen comentarios nin apostilas. Así o manda a lei e así se fai.
Se non o facemos
Podes reclamalo ante o xulgado de primeira instancia que che corresponda, polo procedemento que fixa esa mesma lei.

Rectificar non impide exercer despois calquera outra acción que consideres, nin renuncias a nada por pedila.

Lei aplicable

Esta relación réxese pola lei española. Para calquera controversia, as partes sométense aos xulgados e tribunais que correspondan conforme a dereito.