Porterías e canastas novas en cinco puntos de Miño
As últimas chegaron ao CPI Castro Baxoi. Antes houbo porterías e redes de tenis novas na Galea e en Costa Miño, e canastas en Bra e en Callobre.
O Concello de Miño instalou porterías novas de fútbol sala no CPI Castro Baxoi. É o último paso da renovación do equipamento deportivo que o Goberno local está a facer en varias instalacións municipais, ao mesmo tempo que mellora rúas e conexións no núcleo urbano e no rural.
O colexio súmase ás áreas deportivas da Galea e de Costa Miño, onde tamén se colocaron porterías e se cambiaron as redes de tenis. Nelas fixéronse ademais o pintado e o peche das pistas.
A renovación non se queda no núcleo urbano. En Bra e en Callobre instaláronse hai pouco canastas novas.

O Concello explica que o obxectivo é mellorar a calidade dos seus servizos e dar máis alternativas a quen quere practicar deportes como o fútbol sala, o baloncesto ou o tenis. «Se algo caracteriza ao noso municipio e á nosa xente é o seu estilo de vida activo, polo que manter unha oferta deportiva ampla, moderna, segura e de calidade sempre está entre as nosas prioridades», asegura o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo.
Información elaborada a partir dunha nota de prensa do Concello de Miño enviada o 23 de novembro de 2026. As fotografías tamén son do Concello.
Segue lendo
Comentarios
Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.