Ir ao contido

Betanzos e a comarca

BetanzosHoxe

Castellano
Inscricións hoxe 2 Últimos días para inscribirse en Postos na Feira do Mercado Social: ata o 25 de novembro

Concello

Pablo Villaverde encabezará a lista do Partido dos Veciños en 2027

A primeira asemblea do partido escolleu por unanimidade ao concelleiro como candidato á Alcaldía de Betanzos. Manuel Martínez irá tamén na candidatura, en postos de saída.

Redacción · Edición: Álvaro García Torres · · 2 min

Compartir esta noticia

Dous homes dan a man diante dunha sebe, cunha vila ao fondo, na foto remitida polo Partido dos Veciños de Betanzos
Foto: Partido dos Veciños de Betanzos

O Partido dos Veciños de Betanzos celebrou a fin de semana pasada a súa primeira asemblea e nela acordou por unanimidade que o concelleiro Pablo Villaverde encabece a candidatura da formación ás eleccións municipais de maio de 2027.

Segundo o partido, a decisión chega coa posta en marcha e a organización da formación, despois de valorar que cumpría avanzar na definición do proxecto e na preparación dos comicios. A proposta coa que se presentará, explica, basearase na proximidade, no contacto directo coa veciñanza e no coñecemento das necesidades de Betanzos.

Manuel Martínez, en postos de saída

O tamén concelleiro Manuel Martínez formará parte da candidatura en postos de saída. Villaverde considera fundamental que siga no proxecto: «Manolo demostrou nos últimos anos que é unha figura imprescindible: un betanceiro de pro, sempre ao servizo dos veciños. Non hai maior orgullo que traballar ao seu lado».

Os dous sosteñen que a experiencia acumulada estes anos lles permite afrontar a nova etapa cun coñecemento maior da realidade municipal e do que precisa a veciñanza.

Candidatura e programa

A formación comeza agora a configurar a candidatura e a elaborar o programa electoral. O partido anuncia que nos próximos meses abrirá diferentes vías de participación e escoita para recoller propostas, necesidades e preocupacións dos veciños e veciñas.

Compartir esta noticia

Segue lendo

Comentarios

Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.

Deixa o teu comentario

Non se publica. Só serve para confirmar que o comentario é teu.

Antes de publicarse: confirmas o correo cunha ligazón que che mandamos (mira tamén no spam), e despois lerao unha persoa da redacción.