Gaza e Cisxordania, contadas por UNRWA España este mércores no Liceo
Gonzalo Codina, subdirector de UNRWA España, é o relator de «UNRWA: un salvavidas en Gaza e Cisxordania», o mércores 25 de novembro ás 20:30 no salón de actos do edificio Liceo de Betanzos. A entrada é de balde ata completar a capacidade do local.
O salón de actos do edificio Liceo acolle o mércores 25 de novembro, ás 20:30, o relatorio «UNRWA: un salvavidas en Gaza e Cisxordania». Organízao Comarca de Betanzos con Palestina, coa colaboración do Concello de Betanzos e a participación de UNRWA España.
O relator é Gonzalo Codina, subdirector de UNRWA España. A UNRWA é a axencia das Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina.
A entrada é de balde ata completar a capacidade do local.
Comarca de Betanzos con Palestina xa organizou este mes un magosto solidario na pista cuberta do Carregal, o sábado 7 de novembro.
Elaborado a partir do cartel que remitiu Comarca de Betanzos con Palestina.
Segue lendo
Comentarios
Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.