Choca cun coche aparcado e triplica a taxa de alcol
Unha patrulla da Garda Civil viuno bater, presuntamente marcha atrás, contra un coche estacionado na avenida Fraga Iribarne. O condutor, de 31 anos, está denunciado no xulgado por un delito contra a seguridade viaria.
Un home de 31 anos, veciño de Carral, deu 0,83 miligramos de alcol por litro de aire espirado na proba que lle fixo a Policía Local de Betanzos na noite do sábado ao domingo. É máis do triplo da taxa permitida.
Todo empezou á altura do número 1 da avenida Fraga Iribarne. Unha patrulla da Garda Civil que pasaba por alí viu como un Mercedes-Benz Viano batía, presuntamente mentres daba marcha atrás, contra un Volkswagen Golf que estaba aparcado.
Os gardas identificaron o condutor e advertiron que podía estar baixo os efectos do alcol. Ata o lugar foi entón unha patrulla da Policía Local, que lle fixo a proba de alcoholemia.
A Policía Local abriu as dilixencias e denunciou o condutor no xulgado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.
Segue lendo
Comentarios
Esta noticia non ten comentarios.
Os comentarios desta noticia están pechados.