Ir ao contido

Betanzos e a comarca

BetanzosHoxe

Castellano
Inscricións hoxe 2 Últimos días para inscribirse en Postos na Feira do Mercado Social: ata o 25 de novembro

Deporte

O Santo remonta 17 puntos pero cae na prórroga ante o Novobasket

O Ineltrón Santo Domingo Betanzos igualou no último cuarto un partido que perdía de 17 puntos, pero o Novobasket levou a vitoria na prórroga, 96-101. Os betanceiros volven aos postos de descenso.

Redacción · Edición: Álvaro García Torres · · 2 min

Compartir esta noticia

Xogadores do Ineltrón Santo Domingo Betanzos, de branco, e do Novobasket, de amarelo, colocados na pista xunto a dous árbitros durante o partido
Foto: Ineltrón Santo Domingo Betanzos

O Ineltrón Santo Domingo Betanzos perdeu na casa ante o Novobasket de Vigo por 96-101, despois dunha prórroga. Os vigueses chegaban cun só partido gañado ata o momento e levaron a súa segunda vitoria da tempada.

Do 11-0 ao 43-57

O Santo comezou cun parcial de 11-0, pero o Novobasket, que esta fin de semana incorporou o interior Saúl Ramos, tomou axiña o mando. Ao descanso os visitantes gañaban por 43-57. Saúl Ramos acabou o partido con 27 puntos.

O equipo betanceiro, sen poder contar con dous dos seus interiores, tampouco atopou o camiño no terceiro cuarto, e o Novobasket entrou no último con 17 puntos de vantaxe.

Un xogador do Novobasket, de amarelo, sobe o balón botando ante a defensa dun xogador do Ineltrón Santo Domingo Betanzos, de branco
Foto: Ineltrón Santo Domingo Betanzos

Remontada e prórroga

Un gran último cuarto devolveu o Santo ao partido, ata o punto de ter a vitoria na man nun tiro a media distancia de Randolph que non entrou. O tempo regulamentario rematou en 88-88. Na prórroga, o Novobasket foi mellor e pechou o 96-101.

O equipo amosou capacidade de reacción e de sufrimento, pero pesaron na derrota a defensa no un contra un ante os exteriores vigueses, que sumaron moitas canastras fáciles baixo o aro, e os problemas no rebote defensivo, que permitiron ao Novobasket lanzar 100 veces a canastra.

Xogadores do Ineltrón Santo Domingo Betanzos reunidos á beira da pista durante o partido ante o Novobasket
Foto: Ineltrón Santo Domingo Betanzos

Os números

Randolph foi o máximo anotador do Santo, con 24 puntos. Tamén pasaron dos dez Abelleira, con 17, Nico Lagares, con 16, e o júnior Luis Pérez Carmona, con 12. Outra nota positiva foi o regreso á pista de Ernest.

De volta ao descenso

Coa derrota, o Santo volve aos postos de descenso, e a próxima semana visita en Xixón o líder da competición.

A previa do partido: O Santo Domingo recibe a un Novobasket que só gañou un partido.

Elaborado a partir da información que remitiu o Ineltrón Santo Domingo Betanzos.

Compartir esta noticia

Segue lendo

Comentarios

Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.

Deixa o teu comentario

Non se publica. Só serve para confirmar que o comentario é teu.

Antes de publicarse: confirmas o correo cunha ligazón que che mandamos (mira tamén no spam), e despois lerao unha persoa da redacción.