Toda a veciñanza, convocada o sábado para un spot de Nadal
O Concello de Betanzos chama aos veciños e veciñas a concentrarse este sábado, 14 de novembro, ás 10.30 horas na praza da Constitución, onde se gravará un spot de Nadal.
O Concello de Betanzos fixo un chamamento a toda a veciñanza para participar na gravación dun spot de Nadal. A cita é este sábado, 14 de novembro, ás 10.30 horas, na praza da Constitución.
A administración local pide que acudan persoas de todas as idades porque, segundo explica, canta máis xente se xunte na praza, máis espectacular será o anuncio. O que busca o Concello é que a imaxe de Betanzos que chegue a todo o país sexa a dunha cidade unida e chea de vida.
Segue lendo
Comentarios
Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.