Betanzos celebra a II Festa do Lúpulo na praza Irmáns García Naveira
A praza Irmáns García Naveira acolleu este fin de semana a segunda edición da Festa do Lúpulo de Betanzos. O evento organizouno Lupia, a marca de cervexa de Corporación Hijos de Rivera que se elabora exclusivamente con lúpulo cultivado en campos da provincia.

A festa reivindicou a relación entre a cervexa, a terra e as persoas que fan posible o cultivo do lúpulo. Ao longo do evento houbo música, degustacións, showcookings e varias charlas. Tamén se organizaron excursións a campos de lúpulo da man de José Luis Olmedo.

A iniciativa impulsárona varios hostaleiros, entre eles Lolo Mosteiro e Patricia Roel, de A Artesa da Moza Crecha. Na organización colaboraron o Concello de Betanzos e a Deputación da Coruña, ademais da participación de Lupia.

Na presentación do evento, Ramón de Meer, director de Marketing de Hijos de Rivera Iberia, explicou o sentido da celebración: “Para Lupia, el lúpulo es mucho más que uno de los ingredientes esenciales de la cerveza, es nuestro vínculo con la tierra y con Galicia. Esta fiesta nos permite celebrar ese origen, compartir el trabajo que hay detrás de cada cosecha y reivindicar el valor de un cultivo que forma parte de nuestra identidad cervecera”.
Comentarios
Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.