Púa e piano en Santa María do Azougue con «Ecos do século XX»
Xandre Millet, acompañado ao piano por Azazel Fernández, ofrece o domingo 15 de novembro ás 19:00 este concerto de púa organizado pola Agrupación Carlos Seijo.
A igrexa de Santa María do Azougue acolle o domingo 15 de novembro ás 19:00 o concerto de púa «Ecos do século XX», por conta de Xandre Millet, acompañado ao piano por Azazel Fernández.
Organiza a Agrupación Musical de Pulso e Púa «Carlos Seijo», coa colaboración da Unidade Pastoral de Betanzos.
Elaborado a partir da Axenda Cultural de Betanzos de novembro de 2026, do Concello de Betanzos.
Segue lendo
Comentarios
Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.