Juan Fariña presenta «Agosto dezaseis», a súa novela arredor do Globo de Betanzos, o 20 de outubro en Lar de Unta
O autor estará acompañado por Elena Otero, autora da ilustración da portada. A cita é ás 20:00 no local da asociación, na rúa da Pescadería.
O local da Asociación Lar de Unta acolle o martes 20 de outubro ás 20:00 un encontro-presentación de «Agosto dezaseis», a terceira novela de Juan Fariña, que estará acompañado pola pintora Elena Otero Chas, autora da ilustración da portada.
Segundo contou o autor a La Opinión A Coruña, «Agosto dezaseis» é unha novela coral ambientada na Vila, trasunto de Betanzos, ao longo dun mes de agosto. O fío que a percorre é o Globo de papel e o seu lanzamento no Campo á medianoite, e a historia propón un pasado alternativo á suspensión do lanzamento de 2023.
Fariña naceu en Betanzos en 1973, aínda que é bergondés e primeiro tenente de alcalde de Bergondo. Na novela recupera dous personaxes da primeira, «As cartas de Abel». O libro xa se presentou en xuño no Liceo de Betanzos e na Senra, en Bergondo.
Fonte: ACEBE CCA. Os datos obtivéronse da edición en papel do xornal «Betanzos e a súa comarca» de outubro de 2026.
Comentarios
Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.